Suxestións

O obxectivo do buzón de suxerencias e recoller suxestións e queixas formuladas por sectores da comunidade educativa, profesional e empresarial relacionados co CIFPRodolfo Ucha Piñeiro sobre materias relacionadas co funcionamento do Centro e co fin de que conseguir mellorar e achegarnos ás inquietudes das persoas que utilicen este servizo de suxestións.

Consideramos que a xestión das suxestións e queixas é un sistema fundamental para potenciar a participación dos nosos estudantes, profesores, sectores produtivos e comunidade educativa converténdose nunha fonte de información que nos permite dispoñer de datos que faciliten a mellora da calidade das nosas actuacións.

O envío dunha suxestión ou queixa anónima non xera o dereito a obter resposta a esta. Se se desexa obter unha resposta, deberase identificar o/a interesado/a e unha dirección de correo electrónico.

Poderán formularse suxestións ou queixas a través das seguintes canles:

  • Páxina web: Cumprindo o formulario que se encontra máis baixo.
  • Caixa de correo de suxestións colocada no vestíbulo do Centro

A túa opinión é moi importante para nós.

Grazas a todos/ás por axudarnos a mellorar.

Last modified Lunes, 01 Febrero 2016