Historia

Inicios. Escola de artes e oficios (1881-1930)

 A inauguración oficial da Escola tivo lugar o 9 de decembro de 1881, na Casa Consistorial, estando presentes o Alcalde,Don José Losada Segurota, e as máximas autoridades da cidade. Ferrol foi a primeira cidade galega que conseguiu pór en marcha unha Escola de Arte e Oficios. Logo seguiron nesa andaina Santiago (1886), Vigo (no mesmo ano), Lugo, A Coruña, etc.

O emprazamento final da Escola de Artes e Oficios sitúase na rúa Madalena no edificio número 177 (hoxe en día o 219), veciño ós xardíns de Herrera, entre os anos 1881 e 1942.

 Na primeira imaxen pódese ver o debuxo da fachada do edificio e na segunda imaxen o estado actual do inmoble no que estivo a escola.

O regulamento orgánico inicial definiu a Escola como un establecemento libre de ensino non oficial e gratuíto, que tiña por obxecto fomentar a cultura e a instrucción dos obreiros para o desempeño das súas profesións. A Escola non era un recinto illado, senón que se relacionaba co

a sociedade e co seu entorno. Pódese dicir que unha grande parte da mocidade ferrolá de entón pasou polas aulas da Escola, algúns tan só uns meses e outros vinculándose a ela como fonte de información permanente durante moitos anos da súa vida. Dende que en 1886 se crean e se regulan as Escolas de Artes e Oficios dependentes do Estado, moitos dos esforzos da Directiva e do profesorado encamíñanse a converter a Escola de Artes e Oficios de Ferrol en centro oficial, para lograr un pleno recoñecemento dos seus dereitos e certificacións que modifican o Regulamento para afacelo ó Plan de Estudos segundo á lexislación vixente naqueles anos. 

 

Escola elemental de traballo (1939-1956)

 Ante a crise do ano 1924 pola que pasaba a escola, causada por unhas instalacións deterioradas e pola falla de profesorado, aparece a idea da transformación da escola. Escola Elemental de Traballo. Debuxo realizado por Rodolfo Ucha Piñeiro en 1896, sendo alumno da escola. Posteriormente será o arquitecto que proxecte e dirixa as obras do novo edificio. O proceso de cambio foi lento porque a aprobación oficial ou a obtención de axudas era difícil, pero finalmente en 1939 nace a Escola Elemental de Traballo, con carácter oficial e subvencionada polo Estado na súa totalidade. As obras de construcción da Escola Elemental de Traballo realízanse nun terreo edificábel da rúa Real que cede ó Concello. O encargado do proxecto sería o antigo alumno Rodolfo Ucha Piñeiro. Edificio proxectado por Rodolfo Ucha Piñeiro entre 1930 e 1942. No 1942 inaugúrase o novo edificio como Escola Elemental de Traballo, na que se manteñen a sección de Artes e Oficios, herdada da antiga Escola e que supón, lamentablemente, a súa desaparición. Da longa nómina de alumnos que pasaron pola Escola, nunha ou noutra etapa, cabe destacar a Bello Piñeiro, Imeldo Corral, González Collado, Segura Torrela, Gonzalo Torrente Ballester, Francisco Franco, José Piñeiro, Ramón Franco, etc. Ó longo dos anos o Centro pasou a transformarse na Escola de Mestría Industrial e posteriormente no Instituto de Formación Profesional, pero este último xa noutra localización dentro de Ferrol

I.E.S. Rodolfo Ucha Piñeiro

 En honra a Rodolfo Ucha Piñeiro, antigo alumno da Escola de Artes e Oficios e arquitecto do edificio da rúa Real (hoxe derrubado e no solar A Escola de Idiomas) bautízase co seu nome o noso actual instituto.

Atópase no barrio de Caranza e como sucesor da antiga Escola de Artes e Oficios segue ofertando ós seus alumnos unha ampla gama de posibilidades educativas.

C.I.F.P. Rodolfo Ucha Piñeiro

 No curso académico 2007-2008 o centro pasa a denominarse CENTRO INTEGRADO DE FORMACION PROFESINAL RODOLFO UCHA PIÑEIRO. Os centros deste tipo imparten ofertas formativas referidas ao Catalago Nacional de Cualificacións Profesionais que conduzan á posibilidade de obter títulos de FP e Certificados de Profesionalidade. Estas cualificacións profesional organízanse en catro niveis: 

  1. Formación profesional inicial: correspóndense con programas de iniciación profesional.
  2. Títulos de técnico: correspóndense con ciclos formativos medios.
  3. Títulos de técnico superior: correspóndense con ciclos formativos superiores.
  4. Formación de carácter universitario.

Estrutúranse en unidades de competencia que definimos como as competencias profesionais que constitúen a unidade mínima de recoñecemento e acreditación.

Cada unidade de competencia esta constituída por unha serie de realizacións profesional (RP) e uns criterios de realización (CR). As unidades de compentencia son implantadas mediante Módulos Profesionais dentro de cada ciclo. O ensino que se imparte será a post-obrigatorio (bacharelato, sempre que o alumnado sexa inferior a 1/3 do alumnado total; fp regulada e fp para o emprego). Actualmente dentro do fp para o emprego impartiuse un curso do plan FIP (Formacion e Insercion Profesinal) denominado 'EMIN 23 Informática de usuario'. Os centros integrados son centros propios da Consellería de Traballo e o alumnado serán demandantes de emprego do Servizo de Formacion e Colocacion das delegacións provinciais da Consellería de Traballo. Nun futuro ofertaranse cursos específicos para empresas dentro do FP para o emprego. Estes cursos deben de estar dentro do Catalago Nacional de Cualificacións Profesionais.

Entre os principais labores dos CIFP están:

  • O recoñecemento e acreditación da competencia profesional á poboación traballadora conseguidas a través da experiencia acumulada ao longo da vida laboral así como en posibilitar a esta poboación a obtención de títulos de FP cando se superen todos os módulos dun ciclo formativo e ademais cúmpranse os requesitos académicos de acceso.
  • A prestación dos servizos de INFORMACION E ORIENTACION PROFESIONAL ás persoas para que tomen as decisións mais adecuadas respecto das súas necesidades de FP en relación coa contorna produtiva no que desenvolve.
  • A evaluación e mellora da calidade de todo o sistema.

A nivel académico, cabe sinalar que todos os ciclos de adultos pasan a ser modulares, quero esto decir que a matrícula pódese facer por módulos individuais, e o horario pasa a ser de 17:50 a 22:10 da noite.

 

Fotos e información extraída dos libros:

  • Ferrol a través dos seus personaxes. Raúl Rico Pena, Luis Puig Mosquera e Jorge Mejute Couce. Ed. Concello de Ferrol.
  • Historia de la Escuela de Artes y Oficios de Ferrol (1881-1930). Esperanza Piñeiro de San Miguel e Andrés Gómez Blanco. (1994) Ferrol.
Last modified Miércoles, 21 Enero 2015