acreditaciones


Publicada a Orde do 28 de decembro de 2016 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.


Prazo de presentación de solicitudes: Do 10 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2017.

Máis información aquí.

 

 

 

 

xornadas emprego

O próximo martes 20 de decembro as 10:40, celebrarase no salón de actos as Xornadas de emprego no Ucha organizadas polo departamento de Orientación co seguinte programa:

 

10:40 Táboa redonda

         Recursos ao meu alcance na búsqueda de emprego.

        - FEUGA

        - Garantía Xuvenil e Listas de Contratación

        - Centro de Emprego de Ferro

        - Asociación de Empresarios

        - Bolsa de Emprego do CIFP Rodolfo Ucha

        - EduEmprende: O viveiro do CIFP Rodolfo Ucha

12:15 Obradoiros ( elexir un deles)

       - Emprego nas Forzas Armadas

       - Oposicións. Emprego na Administración Pública

       - Acceso á Universidade

       - Cooperativismo e Crowdfunding

Entrega de Premios do concurso "A túa idea ten premio"

 

 

 

arbol navidad

 Dende o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro desexámosche un bo nadal.

 

 

trocolibro

O trocolibro é un evento que terá lugar no centro o día 14 de decembro en réxime modular e ao día seguinte en réxime ordinario e no que está invitada a participar toda a comunidade educativa.
Para ese día crearemos entre todos unha biblioteca efémera que nos permitirá intercambiar os nosos libros por outros que serán para nós coma novos.

Sortearase entre os participantes un par de entradas para a estrea "Rogue One: Una historia de Star Wars" o mesmo día 15 de decembro ás 22h nos Multicines Odeo. Farase  un sorteo para o réxime modular e outro para o ordinario.

Máis información aquí.