fct

Os ciclos a extinguir teñen como derradeiro prazo para matricularse na FCT dende:

1/3/2017 ao 10/03/2017.

 

 

Camiños de dor cara Europa

O próximo xoves 9 de febreiro ás 10:45 celebrarase no salón de actos unha charla sobre emigración e refuxiados baixo o título «Camiños de dor cara Europa». Nela falarase dos dramas humanitarios provocados polas tensións migratorias en España, Siria e no Sahara.

Invitados:

  • Esperanza Piñeiro de San Miguel. Catedrática de Historia, escritora e antiga profesora do centro falará da situación dos refuxiados.
  • Guillermo Aneiros, quen nos últimos anos da súa carreira laboral traballou como xefe de máquinas nun equipo salvamento marítimo en Alxeciras, e aficionado á fotografía, falaranos dende a súa experiencia, dos inmigrantes africanos que intentan, riscando á vida, chegar ás costas españolas.
  • Maite Isla, presidenta de SOGAPS ( Solidaridade Galega co Pobo Saharaui ).

 

 

dia de la paz

 

Hoxe, luns 30 de xaneiro, de 12:30 ás 13:10, os alumnos de comercio organizan un photocall para conmemorar o día Internacional da Paz.

Convídase a tódolos alumnos que queiran participar, a achegarse á entrada do centro a facerse fotos a favor da paz, que logo serán subidas a páxina de facebook do ciclo.

Tamén haberá un panel onde se poidan deixar frases de Paz para o mundo.

Consulta directamente a páxina de facebook Rodolfo Ucha - Comercialízate

acreditaciones


Publicada a Orde do 28 de decembro de 2016 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.


Prazo de presentación de solicitudes: Do 10 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2017.

Máis información aquí.