Escaparatismo ciclo  (110)

O alumnado de Comercio e Márketing do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro realizou diferentes prácticas de escaparatismo nos módulos que imparte a profesora Pilar Painceira, para as cales contaron cun escaparatista profesional, José Antonio Castiñeiras, que traballou con eles e lles achegou a unha visión máis práctica e profesional das diferentes técnicas e regras que se deben aplicar na montaxe dos mesmos.

O resultado das prácticas foron oito escaparates de establecementos moi diferentes, así, no caso do 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, o alumnado montou os escaparates dunha tenda de lambonadas, dunha xoguetería, dunha tenda de surf e dunha pastelaría. En canto ao alumnado do 1º curso do Ciclo Medio de Actividades Comerciais, realizaron os escaparates dunha axencia de viaxes, dunha óptica, dunha tenda de fútbol e dunha tenda de meniños.

mundoTIC

 

O vindeiro martes 30 de maio, ás 11:00h, no salón de actos (por confirmar) o centro organiza unhas xornadas de para que os alumnos podan coñecer a experiencia de distintos profesionais adicados ao mundo da informática.

Contaremos coa presenza dos seguintes invitados:

 

eramus torino

 

A semana pasada, do 10 ao 17 de maio, dúas profesoras do centro, Patricia Grueiro e Carolina Fernández, visitaron o instituto de formación profesional superior ITS ICT Piemonte e a empresa IS-LM  en Turín (Italia) a través dun programa Erasmus+ de mobilidade do profesorado. Previamente un grupo de profesores do ITS ICT Piemonte visitara xa o noso centro durante uns días.

Ademáis dos centros de referencia para a mobilidade, as profesoras tiveron a oportunidade de visitar os seguintes centros de formación: a Piazza dei mestieri, o Istituto Avogadro, o Istituto Tecnico Industriale Statale Pininfarina eo Centro Estero per l'Internazionalizzazione .

Entre os principais beneficios da experiencia Erasmus se poderían destacar:

  • Coñecer novas estratexias organizativas e técnicas de ensino-aprendizaxe. Permite intercambiar boas prácticas cos membros do sistema educativo dun país veciño.
  • Crear redes profesionais de traballo que potencien a cooperación internacional do noso centro que se poida traducir no aumento cualitativo e cuantitativo da mobilidade dos membros da comunidade educativa, tanto do persoal coma do alumnado do centro.
  • Aumentar o contacto co mundo empresarial nun contexto económico globalizado dando a oportunidade de coñecer novos métodos de traballo, tecnoloxías e liñas de negocio, achegando o punto de vista do profesor á realidade empresarial dentro do marco da Unión Europea.
  • Coñecer outras realidades sociais e culturais, mellorando a súa competencia en linguas extranxeiras mediante unha experiencia de inmersión lingüística plena.
  • Compartir os coñecementos adquiridos cos estudantes e compañeiros do noso centro.

Gustaríanos agradecer a profesionalidade, disponibilidade e amabilidade dos nosos colegas torineses.

 

letrasgalegas

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas 2017, este ano contamos con Avelino González, director de teatro e actor moi coñecido por seríes da TVG como "Padre Casares" que fará unha sesión de contos sobre Carlos Casares. Será o día 19 de maio no salón de actos.