trocolibro

¿QUE É O TROCOLIBRO?

O trocolibro é unha xornada de intercambio de libros e de invitación á lectura.

¿A QUEN SE DIRIXE O TROCOLIBRO?

A todos os membros da comunidade educativa do centro que queiran intercambiar libros.

¿CANDO TERÁ LUGAR?

O xoves 18 de decembro no réxime ordinario e o mércores 17 no modular.

¿COMO PODEMOS PARTICIPAR?

As persoas participantes deberán traer o día da xornada o libro ou os libros que queiran doar e cambialos no mostrador de recollida por uchas, a moeda que lles permitirá retirar tantos exemplares como libros entregaran. Os uchas só terán validez a xornada de trocolibro. 1 libro entregado = 1 ucha = 1 novo libro que recoller

¿QUE CONDICIÓNS DEBEN CUMPRIR OS LIBROS QUE SE INTERCAMBIARÁN?

Os libros serán de segunda man, pero deberán encontrarse en bo uso. Corresponderán a obras literarias de calquera dos xéneros seguintes: narrativa: novela ou conto(s), ensaio, poesía, teatro, novela gráfica ou banda deseñada.

As obras poderán estar escritas en galego, castelán ou nunha lingua estranxeira. Non se recollerán libros de texto, catálogos, folletos, revistas, etc. Non se recollerán libros incompletos. Non se recollerá ningún tipo de material que atente contra os dereitos e liberdades fundamentais das persoas. Os organizadores asesorarán aos participantes ante calquera dúbida sobre a idoneidade do material que acheguen.

¿POR QUE ME ANIMADES A PARTICIPAR?

  •     Porque sabemos que a lectura, ademais dunha ferramenta indispensable para a túa formación, é unha fonte de pracer.
  •     Porque cremos no intercambio e na reutilización dos obxectos para darlles novas vidas
  •     Porque queremos promover a relación e a colaboración entre as persoas
  •     Porque queremos invitarte a diferenciar entre o valor de uso e o valor de mercado dos obxectos
  •     Para que experimentes novas formas de agasallar e de agasallarte
  •     Porque sortearemos dúas entradas de cine entre o alumnado que participe: dúas no réxime ordinario e outras dúas no modular

¿CAL É O ESPÍRITO DO TROCOLIBRO?

O trocolibro é unha festa na que achegaremos algún libro que nos gustase e na que poderemos atopar algún outro que nos interese ler. Ao escoller o libro para doar pensa que entre os que se reúnan ti buscarás un novo para levar, polo que a cantidade e a calidade da biblioteca que creemos depende de todos e de todas.

¿QUE PASA COS LIBROS QUE SE ENTREGAN?

Ao entregar un libro dóalo ao fondo do trocolibro e poderán ser levados por outros participantes. Os libros que non se retiren quedarán nun punto continuado de intercambio que estará á túa disposición todo o curso.

O alumno Alejandro Miño Pico, do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos, titorizado po lo profesor Víctor Manuel Martínez Taboada, obtivo medalla de ouro na competencia "Administración de Sistemas en Rede" do campionato Galicia Skills que tivo lugar o pasado 23 de outubro no IES San Clemente de Santiago. Pasa á seguinte fase, o Spain Skills 2015, que se celebrará en Madrid a finais deste curso.

calendario 2014 15

O vindeiro luns 15 de setembro no salón de actos do instituto, terá lugar a xornada de acollemento do alumnado, co seguinte horario:

  • Alumnos de primero do réxime ordinario: 10:30h
  • Alumnos de segundo ordinario: 12:00h
  • Alumnos de modular: 18:00h