Acto de celebración do Día das Letras Galegas

O Equipo de dinamización lingüística convida a tódolos membros da comunidade educativa a asistir ao espectáculo "Os contos que non me contaron" protagonizado pola actriz Paula Carballeira co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, este ano adicado ao escritor lucense Manuel María.

A actuación celebrarase o vindeiro martes 24 de maio, no salón de actos do centro, ás 13:30h.

Last modified Domingo, 22 Mayo 2016