Premios SpainSkills e Ferrolterra Emprende Xove

skillyemprende

O sábado 9 de Maio celebrouse en Madrid a gala de entrega de premios da competición "SpainSkills 2015" na que particapaba o noso alumno do "CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma", Alejandro Miño Pico por ser o gañador galego das "GaliciaSkills 2014" na categoría "Administración de sistemas en rede". Alejandro estivo esta semana en Madrid competindo con alumnos doutras comunidades autónomas e acompañado do seu titor nesta competición, o noso compañeiro Víctor Manuel Martínez Taboada. Aínda que finalmente non puido ser tamén o gañador nacional das SpainSkills 2015, sentímonos todos moi orgullosos do seu esforzo durante varios meses na preparación destas probas, esforzo non só de Alejandro senón tamén de Víctor M. Aos dous felicitámolos polo bo traballo.

Por outra banda, o venres celebrouse no Campus de Ferrol a gala de entrega dos "III Premios Ferrolterra Emprende Xove". Son uns premios ás mellores ideas e actitudes emprendedoras dos estudantes. Na categoría de Formación Profesional e Universidade o premio foi para o traballo "Freak-com", do que son autoras dúas alumnas do noso Centro: Raquel González Castro e Lorena Díaz Dopico do "CS Administranción e finanzas". Felicidades tamén para elas, para o noso compañeiro Julio Lage pola axuda e orientación que lles proporciouno e tamén ao resto de profesores/as que contribuíron á súa formación. Pódese ver a noticia da entrega destes premios nas seguintes ligazóns:

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/jovenes-empresarios-premian-ideas-emprendedoras-institutos/20150509014220122987.html

http://www.ferrol360.es/los-ies-concepcion-arenal-rodolfo-ucha-y-mugardos-ganan-los-premios-ferrolterra-emprende-xove/

Last modified Miércoles, 27 Mayo 2015